KH-7 Cocinas é o limpador multiusos que che permitirá limpar toda a túa cociña coa metade de tempo e esforzo porque a súa innovadora fórmula non necesita aclarado.
Formulado cun fresco aroma a mandarina e iris branco, KH-7 Cocinas deixará en poucos segundos a túa cociña brillante e cun olor duradeiro.
Grazas á súa aplicación en pulverizador, poderás limpar as superficies da cociña rápida e facilmente:
Pulveriza KH-7 Cocinas sobre a superficie e deixa actuar uns segundos.
Limpa con papel de cociña ou cun pano seco de algodón e freta até obter o brillo e resultado desexado.
A túa cociña lista: brillante e cun agradábel aroma a mandarina e iris branco!
Para a limpeza de mármore, aplicar o produto cunha esponxa ou baeta húmida, limpar directamente e aclarar con auga abundante.