COMPROMISO AMBIENTAL

Somos conscientes de que a nosa actividade, como calquera actividade industrial, xera un impacto no entorno ambiental. Por iso, traballamos coa vontade de minimizar o impacto tanto da nosa actividade industrial como dos nosos produtos.

keyboard_arrow_down

Reutilizamos.

As botellas chegan ás nosas instalacións en caixas de cartón. Estas caixas retornan aos nosos provedores para ser reutilizadas e así alargar a súa vida útil.

Reciclamos.

Dispoñemos dun sistema de recollida selectiva dos nosos residuos de envases e embalaxes para o seu posterior reciclado e estamos adheridos ao sistema de recollida selectiva de ECOEMBES pensado para a recollida selectiva e recuperación de residuos de envases para o seu posterior tratamento e reciclado.

Desenvolvemos produtos respectuosos co medio ambiente.

No proceso de desenvolvemento dos nosos produtos, o equipo de I+D traballa con materias o máis respectuosas posibles co medio ambiente.

Dispoñemos de formatos recambio.

Aínda que case todos os nosos produtos se utilizan en formato pistola, da maioría deles comercializamos a súa versión en formato recambio. Isto supón un aforro tanto económico como ambiental xa que se reduce o número de materiais plásticos.

Reducimos os nosos envases.

O equipo de Packaging de KH7 traballa continuamente para reducir a cantidade de materiais que forman os nosos envases e embalaxes. Reducimos impacto ambiental, cunha óptima xestión do consumo de materias.

Non xeramos augas residuais no noso proceso de fabricación do produto e o seu posterior envasado.

En KH Lloreda reutilizamos as augas de limpeza das nosas liñas de envasado para próximas fabricacións. Por este motivo non dispoñemos dunha depuradora para tratar as augas de limpeza do noso proceso de envasado.

Coches que se mueven con gas.

Los coches de nuestros vehículos comerciales son de gas. Durante el proceso de combustión, las emisiones de CO2 son entre un 25 y un 30% inferiores que con gasolina.

La historia de KH-7

Historia

Compromiso ambiental

Corporativo

COMPROMISO AMBIENTAL

NOVAS, NOVIDADES E PROMOCIÓNS

Suscribirse
keyboard_arrow_up