KH-7 Sin Manchas Oxy Effect é un quitamanchas especialmente formulado para eliminar sen esforzo as manchas oxidables/branqueables.
Este tipo de manchas son de forte coloración. O Osíxeno Activo de KH-7 Sin Manchas Oxy Effect resulta altamente efectivo para eliminar este tipo de manchas como as de viño, verdura, bebidas gasosas, café, témperas, salsa de tomate, amorodo…
Equipado cun cómodo pulverizador, aplícao directamente sobre a mancha. Utiliza o produto só onde o necesitas e na cantidade que necesitas.
Grazas á súa formula sen lixivia, podes utilizalo tanto en roupa branca como de cor, incluso negra.
Podes utilizalo tamén para reforzar a acción do teu deterxente habitual, engadindo un chorro de KH-7 Sin Manchas Oxy Effect no tambor da lavadora.
Se é a primeira vez que se aplica, recomendámosche que leas atentamente o dorsal da etiqueta e seguir as instrucións de lavado da peza de roupa (consulta a nosa guía de símbolos).
Pulveriza KH-7 Sin Manchas Oxy Effect directamente sobre a mancha. Deixa actuar o produto durante 5 minutos sen deixar que se seque na peza e a continuación procede ao lavado habitual da peza á máquina ou á man.
Para mellores resultados, aplica o produto e lava a peza cando a mancha sexa recente e aínda non se lavara.
Se a mancha xa está reseca, móllaa primeiro, aplica o produto e frétaa coa mesma peza. Evita cepillos de sedas duras, poden danar o tecido.
En tecidos delicados non é recomendable o uso de ningún tipo de quitamanchas. Non se debe aplicar KH-7 Sin Manchas Oxy Effect en prendas de la, pel, seda, ante ou liño.
As fórmulas con osíxeno activo como KH-7 Sin Manchas Oxy Effect non se deben aplicar nunca sobre manchas de sangue. Para manchas de sangue proba KH-7 Sin Manchas ou incluso KH-7 Quitagrasas.
Algúns colorantes das prendas están pouco fixados, polo que é conveniente non fretar este tipo de prendas ou aplicar aditivos e quitamanchas. Recomendamos sempre, en primeiros lavados comprobar a solidez de un tecido e/ou cor, facendo unha aplicación nunha zona non visíbel.
Non inxerir. No caso de inxestión acúdase inmediatamente ao médico e móstreselle a etiqueta ou envase. No caso de accidente consultar ao Servizo Médico de Información Toxicolóxica (Tel. 91 562 04 20).