Pack KH7 Quitagrasas ECO

KH-7 Quitagrasas Eco

Produto de limpeza eco.

A limpeza eco que funciona

  • 100% Eficaz

    KH-7 Quitagraxas ECO elimina a graxa e sucidade, incluso a máis dura e incrustada, cunha nova fórmula con materias primas de orixe sustentábel que supoñen un menor impacto medio ambiental.


  • 100% ECO

    A nova fórmula KH-7 Quitagraxas ECO ten a certificación Europea Ecolóxica: EU ECOLABEL: ES-CAT/020/001.

    Ecolabel é un sistema de certificación Ecolóxica, voluntario, creado por a UE. Concédese en exclusiva aos produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.

    KH-7 Quitagraxas Ecolabel

    Máis información sobre Ecolabel.


  • 100% coidadoso

    KH-7 Quitagraxas ECO é un produto de limpeza con certificación Ecolabel che permite limpar a túa casa facilmente sen danar as superficies e ao mesmo tempo é máis respectuoso coa natureza. Ideal para:

    • A cociña: encimeira, fogóns, campá extractora (e os seus filtros), fornos, fritideira, microondas, paredes e azulexos, exterior e interior de armarios…
    • Reforzo lavapratos: ideal para deixar a vaixela impecable e acabar con todos os restos de graxa.
    • A roupa: a súa gran eficacia contra a graxa, faino ideal para aplicar en roupa de diario e roupa de traballo. Tamén para colos e puños de camisas manchados por rozaduras e a sudación.
    • No resto do fogar: para limpar persianas, aires acondicionados, radiadores, mobles de xardín, churrasqueiras…
    • o Vehículos e embarcacións: ideal para o lavado de bicicletas, lamias de coche e moto, así como para o mantemento de pequenas embarcacións.

A nosa filosofía Ecolóxica:

Envase 100% reciclable.

Os nosos envases de plástico son totalmente reutilizábeis e reciclábeis. Pertencemos ao sistema integrado de xestión de envases de Ecoembes. Para garantir unha correcta reciclaxe recomendamos separar a botella do plástico que envolve o envase.

Máis sustentábel.

Desenvolvemos unha fórmula con ingredientes que proveñen de fontes sustentábeis coa mesma eficacia de KH-7.

100% respecta o medioambiente.

Somos conscientes de que a nosa actividade xera un impacto no noso contorno. Por iso en KH-7 traballamos para operar de forma sustentábel e minimizar este impacto.

0% augas residuais.

En todo o noso proceso de fabricación non xeramos augas residuais xa que reutilizamos as augas de limpeza das nosas liñas de envasado para próximas fabricacións. Grazas a iso non necesitamos unha depuradora para tratar as augas.

Menos 30% plástico

En KH-7 procuramos a maneira na que os nosos materiais contaminen menos e sexan igual de cómodos.

Nos últimos anos reducimos un 30% a cantidade de plástico usado nas nosas botellas, para así reducir a cantidade de residuos.

Non contén:

Fosfatos, boratos, formaldehido, compostos organohaloxenados, EDTA, NTA, Perfumes e Colorantes, ácido AlquilBencen sulfónico, sustancias non solubles en medio acuoso nin ningunha das substancias altamente preocupantes (SVHC) do Regulamento REACH.

Non testado en animais.

En KH-7 temos procedementos internos estritos para garantir a seguridade dos nosos produtos, sen a necesidade de testar en animais.

Vegano

Ningún dos nosos produtos contén ingredientes de orixe animal.

ECO Preguntas:

Que significa eco?

Os produtos ecolóxicos son aqueles que proveñen de fontes sustentábeis e respectan o medio ambiente durante todo o seu ciclo de vida.

Que significa un produto con etiqueta Ecolabel?

É un sistema de certificación Ecolóxica, voluntario, creado pola UE, que se concede en exclusiva aos produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.

Que garante a etiqueta Ecolabel?

Para lanzar un produto ao mercado con etiqueta Ecolabel é necesario presentar á administración os documentos, que acreditan que o produto esta formulado con ingredientes seleccionados de acordo cos estritos requisitos de seguridade para o consumidor e o medio ambiente, ademais de superar as esixentes probas de eficacia, que establece a Ecolabel da UE.

KH-7 pode dicir con orgullo que o noso produto obtivo o certificado Ecolabel para a súa gama eco.

Ser un produto de limpeza con Ecolabel significa renunciar á eficacia e ter un prezo elevado?

Sabemos que desenvolver un produto con certificación Ecolabel e manter a eficacia pode supoñer uns custos elevados.

Porén, en KH-7 fomos os primeiros en desenvolver unha gama de produtos de limpeza eco coa mesma eficacia de sempre de KH-7 a un prezo competitivo, para que coidarte e coidar ao medio ambiente non implique gastar máis.

Cales son as diferenzas entre KH-7 Quitagraxas e KH-7 Quitagraxas ECO?

KH LLOREDA é unha empresa responsable e sustentábel, comprometida coa protección e coidado do medio ambiente. Co espírito de seguir mellorando lanzamos o novo KH-7 Quitagraxas ECO sen renunciar á eficacia de KH-7.

A principal diferenza co noso produto orixinal é unha selección máis estrita dos ingredientes e compoñentes para garantir o cumprimento dos criterios Ecolabel.

Modo de emprego

  • Aplicar

    Pulveriza KH-7 Quitagraxas Eco sobre a superficie a limpar.


  • Deixar actuar

    Deixa actuar o produto uns segundos.


  • Retirar

    A continuación, retira cun pano húmido.


Consellos

Se é a primeira vez que utilizas KH-7 Quitagraxas ECO, recomendámosche que leas tanto as instrucións da etiqueta como do fabricante do electrodoméstico, superficie ou roupa.

Sobre tecido, en caso de dúbida podes facer unha proba nunha zona non visible para comprobar a solidez do tecido.

KH-7 Quitagraxas ECO non irrita a pel, polo que se pode usar sen luvas.

Folla de ingredientes
Elimina manchas con resultados profesionales Elimina manchas con resultados profesionales

Corporativo

COMPROMISO AMBIENTAL

keyboard_arrow_up