KH-7 Quitagrasas Cítrico - KH7
Pack KH-7 Quitagrasas aroma Limón

KH-7 Quitagrasas Cítrico

Estea onde estea a graxa, KH-7 nunca falla

  • Toda a eficacia con aroma cítrico

    Goza de toda a eficacia de KH-7 cun fresco aroma a cítricos.


  • Máxima Eficacia contra a graxa e sucidade

    KH-7 Quitagrasas Cítrico é un desengraxante de orixe profesional que elimina sen esforzo a graxa e sucidade, incluso a máis dura e incrustada.


  • Cómodo e Práctico

    Grazas ao seu cómodo pulverizador, poderás aplicar o produto en calquera sitio facilmente e utilizando só a dose que necesites.


  • Versátil

    Ideal para a limpeza de todas aquelas superficies onde se acumula a graxa e sucidade, incluso a roupa. Utiliza KH-7 Quitagrasas Cítrico en:

    • Na cociña: encimeira, fogóns, campá extractora (e os seus filtros), fornos, paredes e azulexos, exterior e interior de armarios, limpeza de electrodomésticos como a fritideira.
    • Como reforzo no lavapratos ideal para deixar a vaixela impecable e acabar con todos os restos de graxa.
    • No resto do fogar: para limpar persianas, aires acondicionados, radiadores, mobles de xardín, churrasqueiras…
    • Para a roupa: a súa gran eficacia contra a graxa, faino ideal para aplicar en colos e puños de camisas manchados de sudación, rozaduras, e a roupa de traballo.
    • Para vehículos e embarcacións: ideal para o lavado de bicicletas, lamias e embarcacións.

Modo de emprego

  • Pulverizar

    Pulveriza KH-7 Quitagrasas Cítrico sobre a superficie a limpar.


  • Deixar actuar

    Deixa actuar uns segundos.


  • Retirar

    Retira cun pano húmido


Consellos

Se é a primeira vez que utilizas KH-7 Quitagrasas Cítrico, recomendámosche que leas tanto as instrucións da etiqueta como do fabricante do electrodoméstico, superficie ou roupa.

Sobre tecido, en caso de dúbida podes facer unha proba nunha zona non visible para comprobar a solidez do tecido.

KH-7 Quitagrasas Cítrico non irrita a pel, polo que se pode usar sen luvas.

Folla de ingredientes

Precaucións

  • Para a limpeza do aluminio, aclarar o produto inmediatamente.
  • Sobre mármore abrillantado (especialmente o do chan), non aplicar sen previa disolución en auga.
  • Non aplicar sobre superficies vernizadas ou pintadas ao esmalte.
  • Non aplicar sobre plásticos de policarbonato como cascos de moto ou soportes de fluorescentes.
  • Non aplicar sobre la, pel e tecidos tinguidos.
  • Non inxerir. No caso de inxestión acúdase inmediatamente ao médico e móstreselle a etiqueta ou envase. No caso de accidente consultar ao Servizo Médico de Información Toxicolóxica (Tel. 91 562 04 20)

Formato e variedades

Pack KH-7 Quitagrasas Cítrico formato recambio Pack KH-7 Quitagrasas Cítrico

Formato Pulverizador

Formato orixinal para unha aplicación fácil e cómoda. Poderás reutilizar a súa pistola até nove veces.

Formato Recambio

KH-7 Quitagrasas Cítrico dispoñíbel tamén en formato Recambio: toda a eficacia, nun formato máis respectuoso co medio ambiente e máis económico. Reduce plástico, aforra e coida o medio ambiente.

Neteja de la goma de la rentadora

Limpeza do caucho da lavadora

Limpiar el tupper

Limpeza do tupper

¿Cómo limpiar el horno?

Consellos

Como limpar o forno

A world of applications

KH-7 Quitagrasas

Un mundo de aplicacións

Elimina manchas con resultados profesionales

Como eliminar manchas

Elimina manchas con resultados profesionais

NOVAS, NOVIDADES E PROMOCIÓNS

Suscribirse
keyboard_arrow_up