KH-7 Baños Antical Eco limpa e desincrusta o cal do baño de maneira eficaz grazas á súa fórmula con materias primas de orixe sostible que supoñen un menor impacto medio ambiental.
O seu perfume adaptado aos estritos criterios da ecolabel con aroma a romeu, lavanda, salvia e tomiño proporciona un perfume agradable e duradeiro. Ademais, podes utilizalo a diario, grazas á súa exclusiva fórmula con efecto repele-auga, que evita o cal, mantendo o teu baño limpo e con brillo durante máis tempo.
A fórmula de KH-7 Baños Antical ECO ten a certificación Europea Ecolóxica: EU ECOLABEL: ES-CAT/020/001, que asegura un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.
Ecolabel é un sistema de certificación ecolóxica, voluntario, creado pola UE, concédese en exclusiva aos produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.
Máis información sobre Ecolabel.
KH-7 Baños Antical ECO é un produto que che permite limpar o baño e ao mesmo tempo é máis coidadoso co medio ambiente. Ideal para:
Os nosos envases de plástico son totalmente reutilizables e reciclables. Pertencemos ao sistema integrado de xestión de envases de Ecoembes. Para garantir unha correcta reciclaxe recomendamos separar a botella do plástico que envolve o envase.
Temos desenvolvido unha fórmula con ingredientes que provén de fontes sostibles coa mesma eficacia de KH-7.
Somos conscientes que a nosa actividade xera un impacto no noso contorno. Por iso en KH-7 traballamos para operar de forma sostible e minimizar este impacto.
No noso proceso de envasado non xeramos augas residuais xa que reutilizamos as augas de limpeza das nosas liñas de envasado para próximas fabricacións. Grazas a iso non necesitamos unha depuradora para tratar as augas.
En KH-7 procuramos a maneira na que os nosos materiais contaminen menos e sexan igual de cómodos.
Nos últimos anos reducimos un 30% a cantidade de plástico usado nas nosas botellas, para así reducir a cantidade de residuo.
Fosfatos, boratos, formaldehido, compostos organohaloxenados, EDTA, NTA, Colorantes, ácido AlquilBencen sulfónico, sustancias non solubles en medio acuoso nin ningunha das sustancias altamente preocupantes (SVHC) do Regulamento REACH.
En KH-7 temos procedementos internos estritos para garantir a seguridade dos nosos produtos, sen a necesidade de testar en animais.
Ningún dos nosos produtos contén ingredientes de orixe animal.
Os produtos ecolóxicos son aqueles que provén de fontes sostibles e respectan o medio ambiente durante todo o seu ciclo de vida.
É un sistema de certificación ecolóxica, voluntario, creado pola UE, que se concede en exclusiva aos produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.
Para lanzar un produto ao mercado con etiqueta Ecolabel é necesario presentar á administración os documentos que acreditan que, o produto esta formulado con ingredientes seleccionados de acordo cos estritos requisitos de seguridade para o consumidor e o medio ambiente, ademais de superar as esixentes probas de eficacia, que establece a Ecolabel da UE.
KH-7 pode dicir con orgullo que o noso produto obtivo o certificado Ecolabel para a súa gama eco.
Sabemos que desenvolver un produto con certificación Ecolabel e manter a eficacia pode supoñer uns custos elevados.
Porén, en KH-7 fomos os primeiros en desenvolver unha gama de produtos de limpeza eco coa mesma eficacia de sempre de KH-7 a un prezo competitivo, para que coidarte e coidar o medio ambiente non implique gastar máis.
Pulveriza KH-7 Baños Antical Eco sobre a superficie a limpar.
Deixa actuar o produto uns segundos.
A continuación, retira cun pano húmido.
Se é a primeira vez que utilizas KH-7 Baños Antical Eco, recomendámosche que leas as instrucións da etiqueta.