KH Lloreda iniciou a súa actividade en 1949 moi afastada do mundo da deterxencia. A empresa fundada por Jaume Lloreda dedicouse a todo tipo de recubrimentos metálicos, chegando a ser unha das empresas españolas máis importantes no seu sector.
Dispoñer dun produto para limpar as pezas que entregaban aos seus clientes, levou ao seu fundador a formular os seus propios produtos de limpeza, entre eles un produto ao que denominou KH-7. Despois de comprobar a súa gran eficacia, as fórmulas desenvolvidas son posteriormente comercializadas no sector industrial, e máis tarde no mercado de gran consumo, feito que cambiou a historia e o rumbo desta compañía.
Hoxe, H Lloreda é líder no mercado español de limpadores de cociña e quitamanchas cos produtos KH7 Quitagrasas e KH7 Quitamanchas e traballa co firme compromiso de ofrecer aos seus consumidores e clientes produtos que respondan ás súas necesidades e lles faciliten a limpeza, aportando sempre valor engadido, e respectando e colaborando co seu contorno.
Baixo a dirección de Josep Mª Lloreda, fillo do fundador e propietario da compañía, KH Lloreda conseguiu unha sólida posición no mercado español grazas a unha continua aposta pola innovación en todas as áreas da compañía e iniciou o proxecto de internacionalización.
KH Lloreda publicou o seu primeiro Código de Ética en xuño de 2004. Este documento chamouse Compromiso, como un dos catro valores da compañía.
DescargaKH Lloreda, S.A. asume o compromiso de implementar, liderar e desenvolver un Sistema de Xestión Integrado.
Máis información